Secretaría
lunes, 20 de julio de 2020
martes, 14 de julio de 2020
LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS
Publicada listaxe definitiva fondo de libros, premer na seguinte ligazón:
lunes, 13 de julio de 2020
Vales libros 1º e 2º de E.P.
Estimadas familias:
A partir do mércores día 15 de xullo os pais/nais do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria beneficiarios do vale para adquisición de libros poderán vir ao centro en horario de 10:00 a 13:00 horas a recollelo finalizando o prazo o venres 17 de xullo.
Equipo directivo
sábado, 11 de julio de 2020
Listaxe provisional fondo libros
Estimadas familias:
Poden consultar a listaxe provisional de fondo libros (periodo de reclamación ata o martes día 14 de xullo)
Os medios para consultar a listaxe son os seguintes:
* Enviando un correo electrónico a ceip.eugenio.lopez@edu.xunta.es
* Chamando por teléfono ao centro, ao número 881880455
* Acudindo ao centro, en horario de 10:00 a 13:00.
* A través da aplicación fondo libros, no menú "cidadáns". Para iso cómpre contar coa chave 365 ou con certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).
Poden consultar as instruccións premendo aqui
A listaxe definitiva publicarase o mércores día 15 de xullo.

Recordamos
que as familias que reciben 6 libros do fondo (lengua castelá, lingua
galega, matemáticas, ciencias da natureza, ciencias sociais e inglés),
deben mercar o activity book de inglés, e os libros de relixión e
música, de ser o caso.
As familias que reciben 4 libros do fondo
(lengua castelá, lingua galega, matemáticas e ciencias da natureza),
deben mercar os libros de ciencias sociais, inglés (class book e
activity book), relixión e música, de ser o caso.
jueves, 2 de julio de 2020
Libros de texto curso 2020/2021
Relación de libros de texto para o vindeiro curso
Almudena Feal Díaz
Directora
Almudena Feal Díaz
Directora
martes, 30 de junio de 2020
Información centro
HORARIO SECRETARÍA MES DE XULLO: DENDE ÁS 10.00 ATA AS 13.00 HORAS.
A formalización de matrícula para o novo alumnado no curso 2020/2021 realizarase na Secretaría do CEIP Eugenio López dende o mércores día 1 ata o venres día 10 de xullo .
Lembrar que estamos en prazo de solicitude de uso do comedor escolar e que dito plazo remata o vindeiro 15 de xullo.
Almudena Feal Díaz. Directora Ceip Eugenio López
A formalización de matrícula para o novo alumnado no curso 2020/2021 realizarase na Secretaría do CEIP Eugenio López dende o mércores día 1 ata o venres día 10 de xullo .
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
- Documento de formalización de matrícula ( modelo Anexo III-1 ).
- Autorización de imaxe.
- Lingua materna.
- Fotocopia cotexada da folla do libro de familia.
- Fotocopia do boletín de vacinas.
- Fotocopia da tarxeta de atención sanitaria.
- Certificado de empadroamento colectivo expedido para os efectos,polo Concello.
- Catro fotos tamaño carné.
Lembrar que estamos en prazo de solicitude de uso do comedor escolar e que dito plazo remata o vindeiro 15 de xullo.
Almudena Feal Díaz. Directora Ceip Eugenio López
viernes, 19 de junio de 2020
Comedor
Segundo a Instrucción 2/2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 16 de xuño, sobre funcionamentos dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020-2021, para ser usuario do servizo de comedor escolar debedes entregar cuberto o modelo de autodeclaración.
A diferenza do que sucedía coa solicitude de vales e préstamo do fondo de libros, no caso do comedor, para a unidade familiar tal e como se recolle no artigo 6.2.5. :
1. No caso de matrimonio: a unidade familiar estará integrada polos cónxuxes non separados legalmente, e se os houber:
a) Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes.
b) Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
2. En ausencia de matrimonio ou nos casos de separación legal: a unidade familiar estará integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior (os supostos a) ou b) do apartado 1).
As persoas que desexen colaborar no comedor escolar deberán cumprimentar o anexo III e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentenza firme por delitos sexuais.
O prazo para presentar as solicitudes tanto de usuario coma de colaborador de comedor comeza o vindeiro luns 22 de xuño.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)