martes, 19 de mayo de 2020

Fondo solidario de libros de texto

Hoxe sae publicada no DOG a Orde de 12 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020-2021.

No colexio a participación no fondo solidario de libros de texto está dirixida ao alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º cursos de Educación Primaria. En 3º e 5º curso procederase á substitución de libros; e en 4º e 6º cursos manterase o préstamo de libros de anos anteriores.
Nesta mesma orde, convócanse as axudas para adquirir libros de texto: destinada a alumnado de 1º e 2 de Educación Primaria; alumnado con discapacidade igual ou superior ó 65 % ; e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Por último  o alumnado de Educación Primaria pode solicitar o vale para adquirir material escolar.

Documentación necesaria para tramitar a solicitude:   ⇒ anexos da solicitude
-          Solicitude (anexo I)
-          Comprobación dos membros computables da unidade familiar (anexo II)
-       Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

Para ser beneficiario do préstamo de libros é condición indispensable devolver os libros de préstamo deste curso escolar. (No vindeiro mes poñeremos as datas para a devolución dos libros de préstamo de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria).

Presentación da solicitude:
-     - Pode cada familia acceder á aplicación fondolibros onde se fai a solicitude. Unha vez feita a solicitude pode: presentarse por sede electrónica da xunta ou presentala de xeito presencial no centro.
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no centro educativo.

O prazo para presentar solicitudes abrangue desde o día 20 de maio ata o día 19 de xuño.

viernes, 15 de mayo de 2020

Pago de taxas de comedor

A partir do luns da vindeira semana podedes pasar polo colexio para recoller os impresos de pago de taxas de comedor correspondente ó mes de marzo, en horario de 09:30 a 14:30.
Debemos extremar as precaucións para evitar posibles contaxios, asi que pregamos respetar as medidas de seguridade.

lunes, 11 de mayo de 2020

Adaptación das programacións

Seguindo as instruccións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico d0 2019/2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, debido á situación que estamos a vivir como consecuencia do coronavirus, os centros educativos temos a obriga de publicar as programacións adaptadas de cada nivel e materia.

miércoles, 6 de mayo de 2020

Matrícula para o curso 2020-2021

No DOG do mércores 6 de maio de 2020 publícase a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.
No noso caso, modifícanse os prazos de matrícula para o vindeiro curso 2020-2021:
- Proceso de solicitude de admisión: desde o día 11 ata o 18 de maio.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: día 8 de xuño de 2020. 
Poderanse realizar reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 25 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula ordinaria en educación infantil e educación primaria: do día 1 ao 10 de xullo de 2020.