miércoles, 28 de diciembre de 2016

NOVO CONSELLO ESCOLAR

  O luns, 12 de decembro de 2016 constituíuse o novo Consello Escolar.
   Os 15 membros do Consello Escolar son os seguintes: 
  •  a) Equipo directivo:    -D. Xosé Cañizo Martínez   -Dna. Mª José Rodríguez Pérez  -Dna. Ana Mª Sánchez Castro 
  • b) Profesorado:  - Dna. Mª Raquel Carujo Barreiro    - Dna. Mª Solange Busto Pequeño  - Dna.  Mª Placer  Navia Vázquez        - Dna. Ana Ferreira Coira                 - Dna. Mª Jesús Souto Caamaño   
  • c) Pais/Nais do alumnado: -Dna. Mª del Pilar Insua Romero   -Dna. Mª José Castro Vázquez           - Dna Patricia Bernárdez Couto      -Dna. Montserrat Canosa Vigo       - Dna. Marilú Giraldo Montero
  • d) Persoal de administración e servizos :  - D. Pedro Germán Llorente de Mata
  • e) Representante do Concello:   - Dna. Carmen Díaz Freire

jueves, 17 de noviembre de 2016

Elección ao Consello Escolar 2016

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS 
AO CONSELLO ESCOLAR.
Informamos das candidaturas presentadas polo sector de nais/pais:
Dona María José Castro Vázquez; Dona Marta Doce Cabana, Dona María del Pilar Insua Romero.
Data da votación: Luns, 28 de novembro. Horario: de 16,30 h ata as 19,30 h. 
Cee, 14 de novembro 2016
RECTIFICACIÓN
O punto 1 da circular remitida a este sector queda modificada do seguinte xeito:
1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21, redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira 1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elexir no presente proceso electoral a TRES (3) pais/nais dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar, un será designado pola ANPA. Os outros DOUS representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no 2014.
CEE, 7 de novembro de 2016

CALENDARIO:
venres, 4 novembro:-Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores e das posibles reclamacións ao censo.
venres, 11 novembro -Remata o prazo de presentación de candidaturas.


 luns, 28 novembro: -Votación: -Pais / nais / titores. Mesa electoral de 16,30 h ata as 19,30 h.
 29 novembro:-Profesorado: Claustro extraordinario
Acta da xunta electoral do Consello Escolar (prema aquí)
Iniciamos o proceso de renovación do Consello Escolar. O primeiro paso é a constitución da xunta electoral que guiará o proceso de constitución do Consello Escolar.

martes, 25 de octubre de 2016

Sorteo da Xunta electoral do Consello Escolar e calendario electoral


































ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016
CALENDARIO

DATAS
ACTUACIÓNS
24,luns,
outubro
Publicación e envío de circular para designación dos membros da Xunta Electoral
25, martes, outubro
Sorteo público para a designación da Xunta Electoral
3,xoves, novembro
Primeira reunión da Xunta Electoral: Aprobación do calendario de actuacións...
4, venres, novembro
Comeza o prazo de presentación de candidaturas (familias, profesorado, persoal non docente)
11,venres, novembro
Remata o prazo de presentación de candidaturas
14, luns, novembro
Segunda reunión da Xunta Electoral: proclamación de candidatos...
Reunión do Claustro: Normas, relación de candidaturas...
15, martes, novembro
Comezo da campaña electoral
28, luns novembro
Votacións:
Persoal non docente.
Familias.
29, martes,
novembro
Votacións:
Claustro do Profesorado.
30, mércores,
novembro
Terceira reunión da Xunta Electoral:
Proclamación dos candidatos/as
12, luns,
decembro
Constitución do Consello Escolar.

.

viernes, 29 de julio de 2016

Calendario escolar curso 2016/2017

Calendario escolar curso 2016/2017

Artigo 4. Comedores escolares dos centros públicos

Os comedores escolares funcionarán en Educación Primaria desde o día 12 de setembro de 2016 ata o 23 de xuño de 2017 e en Educación Secundaria Obrigatoria, desde o día 15 de setembro de 2016 ata o 23 de xuño de 2017.

Artigo 5. Actividades lectivas 

1. No 2º ciclo de Educación Infantil, na Educación Primaria e na Educación Especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos incluídos.

Artigo 6. Períodos de vacacións

1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive.
2. Entroido: días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017.
3. Semana Santa: desde o día 10 ata o 17 de abril de 2017, ambos incluídos.

Día do Ensino 

Coa consideración de non lectivo para efectos académicos, no curso 2016/17 celebrarase o 31 de outubro de 2016.

Disposición adicional segunda. 

Período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro

O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro, terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos e, en todo caso, non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos desde a data de inicio das clases. 

Disposición adicional cuarta. Adscrición funcional en educación primaria 

Para os únicos efectos da adscrición funcional do profesorado do corpo de mestres e co obxecto de respectar o dereito de cada grupo de alumnos e alumnas a manter o mesmo titor durante dous cursos, na educación primaria, este dereito entenderase referido a: primeiro e segundo curso, terceiro e cuarto curso, e quinto e sexto curso.

lunes, 16 de mayo de 2016

Libros de texto curso 2016/17

Libros de texto curso 2016/17 (preme aquí)

Anuncio axudas libros de texto curso 2016/17(preme aquí)

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017.
O vindeiro curso 2016/2017 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º e 3º de ESO. Nos restantes cursos – 1º e 2º de educación primaria, 2º e 4º de ESO e en educación especial- funcionarán as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado na educación primaria, ESO e educación especial.

Beneficios da nova convocatoria


A decisión de integrar as tres modalidades (fondo, axudas para a adquisición de libros e axudas para a compra de material escolar) nunha mesma convocatoria, facilita e simplifica a tramitación para as familias, dado que só será preciso presentar unha única solicitude por centro, incluíndo nela a todos/as os/as fillos/as que estean escolarizados nel. En consecuencia, a documentación só se ten que presentar unha vez.
O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día 18 de maio e remata o 23 de xuño de 2016.

Convocatoria de axudas

No caso das axudas para a adquisición de libros de texto mantéñense invariables respecto do curso 2015/2016 as contías das axudas
Para o resto dos casos, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes:
Educación Primaria:
  • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros
  • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros
Educación Secundaria Obrigatoria:
  • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 180 euros
  • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 104 euros

jueves, 4 de febrero de 2016

Procedemento de admisión para o curso 2016/2017.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017
Nos seguintes enlaces pode ver e utilizar toda a documentación para solicitar praza no colexio.
Esta mesma información e documentación está disponible na Secretaría e Conserxería do centro.

Orde 12/03/2013 sobre admisión de alumnado (prema aquí)

Anexo 1. Reserva de praza   (prema aquí)
Artigo 10.2. O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como anexo I da presente orde entre os días 1 e 15 de febreiro de cada ano.
Esto é válido para o alumnado que se queira matricular por primeira vez no centro das Escolas de Brens e Pereiriña e tamén para os de Sexto que van ao IES AGRA DE RAÍCES (Centros aos que están adscritos legalmente).

Anexo II. Formularios de admision e matrícula  (prema aquí)
Artigo 15. Prazo de presentación da solicitude de admisión.
O prazo de presentación das solicitudes de admisión será do 1 ao 29 de marzo de cada ano, ambos os dous inclusive.

Artigo 40. Formalización da matrícula 
1. O alumnado admitido mediante calquera dos procedementos regulados nos artigos anteriores desta orde, formalizará a súa matrícula no centro educativo correspondente.
2. Os prazos para a formalización da matrícula serán os seguintes:
 a) Do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de educación infantil e primaria.
b) Do 25 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.