Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017
Nos seguintes enlaces pode ver e utilizar toda a documentación para solicitar praza no colexio.
Esta mesma información e documentación está disponible na Secretaría e Conserxería do centro.
Orde 12/03/2013 sobre admisión de alumnado (prema aquí)
Anexo 1. Reserva de praza (prema aquí)
Artigo 10.2. O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado
que se publica como anexo I da presente orde entre os días 1 e 15 de febreiro de cada ano.
Esto é válido para o alumnado que se queira matricular por primeira vez no centro das Escolas de Brens e Pereiriña e tamén para os de Sexto que van ao IES AGRA DE RAÍCES (Centros aos que están adscritos legalmente).
Anexo II. Formularios de admision e matrícula (prema aquí)
Artigo 15. Prazo de presentación da solicitude de admisión.
O prazo de presentación das solicitudes de admisión será do 1 ao 29 de marzo de cada
ano, ambos os dous inclusive.
Artigo 40. Formalización da matrícula
1. O alumnado admitido mediante calquera dos procedementos regulados nos artigos
anteriores desta orde, formalizará a súa matrícula no centro educativo correspondente.
2. Os prazos para a formalización da matrícula serán os seguintes:
a) Do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de educación infantil e primaria.
b) Do 25 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria
e bacharelato.