Anuncio axudas libros de texto curso 2016/17(preme aquí)
Axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017.
O vindeiro curso 2016/2017 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º e 3º de ESO. Nos restantes cursos – 1º e 2º de educación primaria, 2º e 4º de ESO e en educación especial- funcionarán as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado na educación primaria, ESO e educación especial.
Beneficios da nova convocatoria
A decisión de integrar as tres modalidades (fondo, axudas para a adquisición de libros e axudas para a compra de material escolar) nunha mesma convocatoria, facilita e simplifica a tramitación para as familias, dado que só será preciso presentar unha única solicitude por centro, incluíndo nela a todos/as os/as fillos/as que estean escolarizados nel. En consecuencia, a documentación só se ten que presentar unha vez.
O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día 18 de maio e remata o 23 de xuño de 2016.
Convocatoria de axudas
No caso das axudas para a adquisición de libros de texto mantéñense invariables respecto do curso 2015/2016 as contías das axudas
Para o resto dos casos, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes:
Educación Primaria:
- Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 170 euros
- Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 90 euros
Educación Secundaria Obrigatoria:
- Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 180 euros
- Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 104 euros