Hoxe
sae publicada no DOG a Orde de 12 de maio
pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se
convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas
ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria
e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o
curso escolar 2020-2021.
No
colexio a participación no fondo
solidario de libros de texto está dirixida ao alumnado matriculado en 3º,
4º, 5º e 6º cursos de Educación Primaria. En 3º e 5º curso procederase á
substitución de libros; e en 4º e 6º cursos manterase o préstamo de libros de
anos anteriores.
Nesta
mesma orde, convócanse as axudas para
adquirir libros de texto: destinada a alumnado de 1º e 2 de Educación
Primaria; alumnado con discapacidade igual ou superior ó 65 % ; e alumnado con
necesidades específicas de apoio educativo.
Por
último o alumnado de Educación Primaria
pode solicitar o vale para adquirir
material escolar.
Documentación necesaria para
tramitar a solicitude: ⇒ anexos da solicitude
-
Solicitude (anexo I)
-
Comprobación dos membros computables da
unidade familiar (anexo II)
- Copia do libro de familia ou documento
equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade
familiar.
Para
ser beneficiario do préstamo de libros é condición indispensable devolver os
libros de préstamo deste curso escolar. (No vindeiro mes poñeremos as datas
para a devolución dos libros de préstamo de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación
Primaria).
Presentación da solicitude:
- - Pode cada familia acceder á aplicación fondolibros
onde se fai a solicitude. Unha vez feita a solicitude pode: presentarse por sede electrónica da xunta ou presentala de xeito presencial no centro.
- Cubrir
a solicitude manualmente e presentala no centro educativo.