sábado, 10 de junio de 2017

Equipamento de centros


Pódese consultar as instrucións para a solicitude de mobiliario e material didáctico e deportivo no enlace normas xerais

Pódese consultar o catálogo de mobiliario e o catálogo de material didáctico neste enlace
catálogo de material

PRAZOS DE SOLICITUDE:
1. XANEIRO – FEBREIRO Obra nova Autorización de novas ensinanzas
2. XUÑO Ampliación de unidades
3. SETEMBRO-OUTUBRO Reposición


Haberá unha soa petición de equipamento ao ano, con data límite de presentación de 31 de outubro.


miércoles, 7 de junio de 2017

jueves, 18 de mayo de 2017

Formulario de matrícula

Admisión e matrícula de novo alumnado
O documento de formalización de matrícula para o novo alumnado de Educación Infantil e Primaria pode cubrirse e imprimir accedendo a esta ligazón Premer nesta ligazón (anexo III-1).
Lembramos que a matrícula para o novo alumnado terá lugar durante todo o mes de xuño na Secretaría do Centro.

miércoles, 1 de febrero de 2017

RESERVA, ADMISIÓN E MATRÍCULA
CALENDARIO CURSO 2017-2018
Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG nº 53, de 15 de marzo de 2013)
Para o vindeiro curso escolar 2017-2018, os prazos previstos nesta orde para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado, son os seguintes:
1.- Publicación de postos vacantes escolares: martes, 28 de febreiro.
2.- Presentación da solicitude de admisión (anexo II): do mércores, 1 de marzo ata o luns, 20 de marzo.
3.- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
4.- Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: martes, 25 de abril.
5.- Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: luns, 15 de maio.
6.- Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria: do martes, 20 de xuño ata o venres, 30 de xuño.

Admisión alumnado. Premer nesta ligazón


miércoles, 28 de diciembre de 2016

NOVO CONSELLO ESCOLAR

  O luns, 12 de decembro de 2016 constituíuse o novo Consello Escolar.
   Os 15 membros do Consello Escolar son os seguintes: 
  •  a) Equipo directivo:    -D. Xosé Cañizo Martínez   -Dna. Mª José Rodríguez Pérez  -Dna. Ana Mª Sánchez Castro 
  • b) Profesorado:  - Dna. Mª Raquel Carujo Barreiro    - Dna. Mª Solange Busto Pequeño  - Dna.  Mª Placer  Navia Vázquez        - Dna. Ana Ferreira Coira                 - Dna. Mª Jesús Souto Caamaño   
  • c) Pais/Nais do alumnado: -Dna. Mª del Pilar Insua Romero   -Dna. Mª José Castro Vázquez           - Dna Patricia Bernárdez Couto      -Dna. Montserrat Canosa Vigo       - Dna. Marilú Giraldo Montero
  • d) Persoal de administración e servizos :  - D. Pedro Germán Llorente de Mata
  • e) Representante do Concello:   - Dna. Carmen Díaz Freire

jueves, 17 de noviembre de 2016

Elección ao Consello Escolar 2016

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS 
AO CONSELLO ESCOLAR.
Informamos das candidaturas presentadas polo sector de nais/pais:
Dona María José Castro Vázquez; Dona Marta Doce Cabana, Dona María del Pilar Insua Romero.
Data da votación: Luns, 28 de novembro. Horario: de 16,30 h ata as 19,30 h. 
Cee, 14 de novembro 2016
RECTIFICACIÓN
O punto 1 da circular remitida a este sector queda modificada do seguinte xeito:
1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21, redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira 1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elexir no presente proceso electoral a TRES (3) pais/nais dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar, un será designado pola ANPA. Os outros DOUS representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no 2014.
CEE, 7 de novembro de 2016

CALENDARIO:
venres, 4 novembro:-Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores e das posibles reclamacións ao censo.
venres, 11 novembro -Remata o prazo de presentación de candidaturas.


 luns, 28 novembro: -Votación: -Pais / nais / titores. Mesa electoral de 16,30 h ata as 19,30 h.
 29 novembro:-Profesorado: Claustro extraordinario
Acta da xunta electoral do Consello Escolar (prema aquí)
Iniciamos o proceso de renovación do Consello Escolar. O primeiro paso é a constitución da xunta electoral que guiará o proceso de constitución do Consello Escolar.