viernes, 19 de junio de 2020

Comedor

Segundo a Instrucción 2/2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 16 de xuño, sobre funcionamentos dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020-2021, para ser usuario do servizo de comedor escolar debedes entregar cuberto o modelo de autodeclaración.



 A diferenza do que sucedía coa solicitude de vales e préstamo do fondo de libros, no caso do comedor, para a unidade familiar tal e como se recolle no artigo 6.2.5. :
1. No caso de matrimonio:  a unidade familiar estará integrada polos cónxuxes non separados legalmente, e se os houber:
     a) Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes.
    b) Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
2. En ausencia de matrimonio ou nos casos de separación legal: a unidade familiar estará integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior (os supostos a) ou b) do apartado 1).


As persoas que desexen colaborar no comedor escolar deberán cumprimentar o anexo III e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentenza firme por delitos sexuais.

O prazo para presentar as solicitudes tanto de usuario coma de colaborador de comedor comeza o vindeiro luns 22 de xuño. 

miércoles, 17 de junio de 2020

Consulta de notas

Estimadas familias:
Para consultar as calificacións dos vosos fillos e fillas, tedes que facelo a través da aplicación abalar móbil, tal e como fixéchedes no segundo trimestre.
As calificacións estarán á vosa disposición a partir da tarde do venres 19 de xuño.


miércoles, 3 de junio de 2020

Entrega de libros de texto

A continuación establecemos as datas para facer a entrega de libros de texto do fondo de libros (requisito indispensable para poder ser beneficiarios do fondo no próximo curso escolar); asi como para recoller material escolar ou roupa que quedou na aula.

martes, 19 de mayo de 2020

Fondo solidario de libros de texto

Hoxe sae publicada no DOG a Orde de 12 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020-2021.

No colexio a participación no fondo solidario de libros de texto está dirixida ao alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º cursos de Educación Primaria. En 3º e 5º curso procederase á substitución de libros; e en 4º e 6º cursos manterase o préstamo de libros de anos anteriores.
Nesta mesma orde, convócanse as axudas para adquirir libros de texto: destinada a alumnado de 1º e 2 de Educación Primaria; alumnado con discapacidade igual ou superior ó 65 % ; e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Por último  o alumnado de Educación Primaria pode solicitar o vale para adquirir material escolar.

Documentación necesaria para tramitar a solicitude:   ⇒ anexos da solicitude
-          Solicitude (anexo I)
-          Comprobación dos membros computables da unidade familiar (anexo II)
-       Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

Para ser beneficiario do préstamo de libros é condición indispensable devolver os libros de préstamo deste curso escolar. (No vindeiro mes poñeremos as datas para a devolución dos libros de préstamo de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria).

Presentación da solicitude:
-     - Pode cada familia acceder á aplicación fondolibros onde se fai a solicitude. Unha vez feita a solicitude pode: presentarse por sede electrónica da xunta ou presentala de xeito presencial no centro.
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no centro educativo.

O prazo para presentar solicitudes abrangue desde o día 20 de maio ata o día 19 de xuño.

viernes, 15 de mayo de 2020

Pago de taxas de comedor

A partir do luns da vindeira semana podedes pasar polo colexio para recoller os impresos de pago de taxas de comedor correspondente ó mes de marzo, en horario de 09:30 a 14:30.
Debemos extremar as precaucións para evitar posibles contaxios, asi que pregamos respetar as medidas de seguridade.

lunes, 11 de mayo de 2020

Adaptación das programacións

Seguindo as instruccións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico d0 2019/2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, debido á situación que estamos a vivir como consecuencia do coronavirus, os centros educativos temos a obriga de publicar as programacións adaptadas de cada nivel e materia.

miércoles, 6 de mayo de 2020

Matrícula para o curso 2020-2021

No DOG do mércores 6 de maio de 2020 publícase a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.
No noso caso, modifícanse os prazos de matrícula para o vindeiro curso 2020-2021:
- Proceso de solicitude de admisión: desde o día 11 ata o 18 de maio.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: día 8 de xuño de 2020. 
Poderanse realizar reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 25 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula ordinaria en educación infantil e educación primaria: do día 1 ao 10 de xullo de 2020.