viernes, 19 de junio de 2015

Calendario 2015-16

Calendario escolar 2015/16

Artigo 4. Comedores escolares dos centros públicos
Os comedores escolares funcionarán en educación primaria desde o día 10 de setembro de 2015 ata o 22 de xuño de 2016, e en educación secundaria obrigatoria desde o día 15 de setembro de 2015 ata o 22 de xuño de 2016.
Artigo 5. Actividades lectivas
1. No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2015 ao 22 de xuño de 2016, ambos inclusive.
Artigo 6. Períodos de vacacións
1. Nadal: desde o día 21 de decembro de 2015 ata o día 6 de xaneiro de 2016, ambos inclusive.
2. Entroido: días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016.
3. Semana Santa: desde o día 21 ata o 28 de marzo de 2016, ambos inclusive.
Disposición adicional segunda. Período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro
O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro, a que se refire o punto 1.8 do capítulo VI do anexo á Orde do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos organizativos e de funcionamento  dos colexios de educación infantil e primaria  na Comunidade Autónoma de Galicia, terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos e, en todo caso, non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos desde a data de inicio das clases.
Disposición adicional cuarta. Adscrición funcional en educación primaria
Para os únicos efectos da adscrición funcional do profesorado do corpo de mestres e co obxecto de respectar o dereito de cada grupo de alumnos e alumnas a manter o mesmo titor durante dous cursos, na educación primaria, este dereito entenderase referido a: primeiro e segundo curso, terceiro e cuarto curso, e quinto e sexto curso.

lunes, 2 de junio de 2014

Gratuidade solidaria: Curso 2014/2015

  • As solicitudes ( anexo I) presentaranse no centro escolar onde estea matriculado o alumno/a
  • Os datos da renta solicitados corresponden ao exercicio do ano 2012
  • Prazo de presentación de solicitudes para educacion primaria:                                          do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014
  • Os vales  de axuda poderanse recoller en secretaria ou direccion    dende                  o dia 3 de xullo ata o dia 9 de xullo. Horario de : 10:00 a 12:00 horas
      

miércoles, 5 de marzo de 2014

ADMISION NOVO ALUMNADO CURSO 2014/15

Prazo de admision de novo alumnado: dende o 1 ata o 20 de marzo do 2014
Presentacion do modelo de solicitude (Anexo II)
Pode descargarse a solicitude e consultar información no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/web/node/11834

 As listas provisionais  publicaranse antes do 25 de abril. Abrirase un prazo de 5 dias de reclamación
As listas definitivas  publicaranse antes do 15 de maio.

A matrícula para o alumnado admitido terá lugar  en horario de secretaría no mes de xuño:
do 20 ao 30 de xuño.

 

martes, 2 de abril de 2013

Admision novo alumnado


   PRESENTACION     DA    SOLICITUDE DE  ADMISION
    DE   MATRICULA      2013/2014

               Do  venres  5  de ABRIL   ata  o 17 de ABRIL   

  •    Presentación da solicitude de admisión  Modelo Anexo II

              Entregarase no colexio que figura no 1º lugar