viernes, 28 de abril de 2017
miércoles, 1 de febrero de 2017
RESERVA,
ADMISIÓN E MATRÍCULA
CALENDARIO
CURSO 2017-2018
Orde
do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión
do alumnado (DOG nº 53, de 15 de marzo de 2013)
Para o vindeiro curso
escolar 2017-2018, os prazos previstos nesta
orde para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do
alumnado, son os seguintes:
1.- Publicación de postos
vacantes escolares: martes, 28 de febreiro.
2.- Presentación da
solicitude de admisión (anexo II): do mércores, 1
de marzo ata o luns, 20 de marzo.
3.- Presentación da
documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate
do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
4.- Publicación das
listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: martes, 25 de abril.
5.-
Publicación
das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: luns, 15 de maio.
6.- Formalización da
matrícula en Educación Infantil e Primaria: do martes, 20 de xuño ata o venres, 30 de xuño.
Admisión alumnado. Premer nesta ligazón
Admisión alumnado. Premer nesta ligazón
miércoles, 28 de diciembre de 2016
NOVO CONSELLO ESCOLAR
O luns, 12 de decembro de 2016 constituíuse o novo Consello Escolar.
Os 15 membros do Consello Escolar son os seguintes:
- a) Equipo directivo: -D. Xosé Cañizo Martínez -Dna. Mª José Rodríguez Pérez -Dna. Ana Mª Sánchez Castro
- b) Profesorado: - Dna. Mª Raquel Carujo Barreiro - Dna. Mª Solange Busto Pequeño - Dna. Mª Placer Navia Vázquez - Dna. Ana Ferreira Coira - Dna. Mª Jesús Souto Caamaño
- c) Pais/Nais do alumnado: -Dna. Mª del Pilar Insua Romero -Dna. Mª José Castro Vázquez - Dna Patricia Bernárdez Couto -Dna. Montserrat Canosa Vigo - Dna. Marilú Giraldo Montero
- d) Persoal de administración e servizos : - D. Pedro Germán Llorente de Mata
- e) Representante do Concello: - Dna. Carmen Díaz Freire
jueves, 17 de noviembre de 2016
Elección ao Consello Escolar 2016
ELECCIÓNS DOS
REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS
AO CONSELLO ESCOLAR.
Informamos das candidaturas presentadas polo sector de nais/pais:Dona María José Castro Vázquez; Dona Marta Doce Cabana, Dona María del Pilar Insua Romero.
Data da votación: Luns, 28 de novembro. Horario: de 16,30 h ata as 19,30 h.
Cee, 14 de novembro 2016
RECTIFICACIÓN
O punto 1 da
circular remitida a este sector queda modificada do seguinte xeito:
1. De acordo co
disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do
21, redactado conforme ao establecido na disposición adicional
terceira 1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26),
corresponde elexir no presente proceso electoral a TRES (3)
pais/nais dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar, un
será designado pola ANPA. Os outros DOUS representantes de pais/nais
continúan como consecuencia da súa elección anterior no 2014.
CEE, 7 de
novembro de 2016
CALENDARIO:
venres, 4 novembro:-Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores e das posibles reclamacións ao censo.
venres, 11 novembro -Remata o prazo de presentación de candidaturas.
luns, 28 novembro: -Votación: -Pais / nais / titores. Mesa electoral de 16,30 h ata as 19,30 h.
29 novembro:-Profesorado: Claustro extraordinario
Acta da xunta electoral do Consello Escolar (prema aquí)
Iniciamos o proceso de renovación do Consello Escolar. O primeiro paso é
a constitución da xunta electoral que guiará o proceso de constitución
do Consello Escolar.
martes, 25 de octubre de 2016
Sorteo da Xunta electoral do Consello Escolar e calendario electoral
ELECCIÓNS
AO CONSELLO ESCOLAR 2016
CALENDARIO
|
DATAS
|
ACTUACIÓNS
|
|
24,luns,
outubro
|
Publicación e envío de circular para designación
dos membros da Xunta Electoral
|
|
25, martes, outubro
|
Sorteo público para a designación da Xunta
Electoral
|
|
3,xoves, novembro
|
Primeira reunión da Xunta Electoral: Aprobación do
calendario de actuacións...
|
|
4, venres, novembro
|
Comeza o prazo de presentación de candidaturas
(familias, profesorado, persoal non docente)
|
|
11,venres, novembro
|
Remata o prazo de presentación de candidaturas
|
|
14, luns, novembro
|
Segunda reunión da Xunta Electoral: proclamación
de candidatos...
Reunión do Claustro: Normas, relación de
candidaturas...
|
|
15, martes, novembro
|
Comezo da campaña electoral
|
|
28, luns novembro
|
Votacións:
Persoal non docente.
Familias.
|
|
29, martes,
novembro
|
Votacións:
Claustro do Profesorado.
|
|
30, mércores,
novembro
|
Terceira reunión da Xunta Electoral:
Proclamación dos candidatos/as
|
|
12, luns,
decembro
|
Constitución do Consello Escolar.
|
.
viernes, 5 de agosto de 2016
viernes, 29 de julio de 2016
Calendario escolar curso 2016/2017
Calendario escolar curso 2016/2017
Artigo 4. Comedores escolares dos centros públicos
Os comedores escolares funcionarán en Educación Primaria desde o día 12 de setembro de 2016 ata o 23 de xuño de 2017 e en Educación Secundaria Obrigatoria, desde o día 15 de setembro de 2016 ata o 23 de xuño de 2017.
Artigo 5. Actividades lectivas
1. No 2º ciclo de Educación Infantil, na Educación Primaria e na Educación Especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos incluídos.
Artigo 6. Períodos de vacacións
1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive.
2. Entroido: días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017.
3. Semana Santa: desde o día 10 ata o 17 de abril de 2017, ambos incluídos.
Día do Ensino
Coa consideración de non lectivo para efectos académicos, no curso 2016/17 celebrarase o 31 de outubro de 2016.
Disposición adicional segunda.
Período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro
O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro, terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos e, en todo caso, non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos desde a data de inicio das clases.
Disposición adicional cuarta. Adscrición funcional en educación primaria
Para os únicos efectos da adscrición funcional do profesorado do corpo de mestres e co obxecto de respectar o dereito de cada grupo de alumnos e alumnas a manter o mesmo titor durante dous cursos, na educación primaria, este dereito entenderase referido a: primeiro e segundo curso, terceiro e cuarto curso, e quinto e sexto curso.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)