lunes, 20 de julio de 2020

INFORMACIÓN XERAL

Estimadas familias:
Ao longo da vindeira semana os pais/nais que o desexen poderán acudir ao centro en horario de 10:00 ás 13:00 horas e recoller os vales de material de 1º a 6º de Educación Primaria.De non ser así, poderán recollelo no mes de setembro.
Así mesmo lembrar ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria que ten os vales dos libros pendentes de recoller ,o fagan nas mesmas datas e horario.
Un saúdo.
 A directora

lunes, 13 de julio de 2020

Vales libros 1º e 2º de E.P.

Estimadas familias:
A partir do mércores día 15 de xullo os pais/nais do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria beneficiarios do vale para adquisición de libros poderán vir ao centro en horario de 10:00 a 13:00 horas a recollelo finalizando o prazo o venres 17 de xullo.

Equipo directivo

sábado, 11 de julio de 2020

Listaxe provisional fondo libros

Estimadas familias:

Poden consultar a listaxe provisional de fondo libros (periodo de reclamación ata o martes día 14 de xullo)
 Os medios para consultar a listaxe son os seguintes:
* Enviando un correo electrónico a ceip.eugenio.lopez@edu.xunta.es
* Chamando por teléfono ao centro, ao número 881880455
* Acudindo ao centro, en horario de 10:00 a 13:00.
* A través da aplicación fondo libros, no menú "cidadáns". Para iso cómpre contar coa chave 365 ou con certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).
Poden consultar as instruccións premendo aqui
A listaxe definitiva publicarase o mércores día 15 de xullo.

Recordamos que as familias que reciben 6 libros do fondo (lengua castelá, lingua galega, matemáticas, ciencias da natureza, ciencias sociais e inglés), deben mercar o activity book de inglés, e os libros de relixión e música, de ser o caso.
As familias que reciben 4 libros do fondo (lengua castelá, lingua galega, matemáticas e ciencias da natureza), deben mercar os libros de ciencias sociais,  inglés (class book e activity book), relixión e música, de ser o caso.

jueves, 2 de julio de 2020

martes, 30 de junio de 2020

Información centro

HORARIO SECRETARÍA MES DE XULLO: DENDE ÁS 10.00 ATA AS 13.00 HORAS.

A formalización de matrícula para o novo alumnado no curso 2020/2021 realizarase na Secretaría do CEIP Eugenio López dende o mércores día 1  ata o venres día 10 de xullo .
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
- Documento de formalización de matrícula ( modelo Anexo III-1 ).
- Autorización de imaxe.
- Lingua materna.
- Fotocopia cotexada da folla do libro de familia.
- Fotocopia do boletín de vacinas.
- Fotocopia da tarxeta de atención sanitaria.
- Certificado de empadroamento colectivo expedido para os efectos,polo Concello.
- Catro fotos tamaño carné.



Lembrar que estamos en prazo de solicitude de uso do comedor escolar e que dito plazo remata o vindeiro 15 de xullo.

Almudena Feal Díaz.  Directora Ceip Eugenio López



viernes, 19 de junio de 2020

Comedor

Segundo a Instrucción 2/2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 16 de xuño, sobre funcionamentos dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020-2021, para ser usuario do servizo de comedor escolar debedes entregar cuberto o modelo de autodeclaración.



 A diferenza do que sucedía coa solicitude de vales e préstamo do fondo de libros, no caso do comedor, para a unidade familiar tal e como se recolle no artigo 6.2.5. :
1. No caso de matrimonio:  a unidade familiar estará integrada polos cónxuxes non separados legalmente, e se os houber:
     a) Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes.
    b) Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
2. En ausencia de matrimonio ou nos casos de separación legal: a unidade familiar estará integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior (os supostos a) ou b) do apartado 1).


As persoas que desexen colaborar no comedor escolar deberán cumprimentar o anexo III e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentenza firme por delitos sexuais.

O prazo para presentar as solicitudes tanto de usuario coma de colaborador de comedor comeza o vindeiro luns 22 de xuño. 

miércoles, 17 de junio de 2020

Consulta de notas

Estimadas familias:
Para consultar as calificacións dos vosos fillos e fillas, tedes que facelo a través da aplicación abalar móbil, tal e como fixéchedes no segundo trimestre.
As calificacións estarán á vosa disposición a partir da tarde do venres 19 de xuño.


miércoles, 3 de junio de 2020

Entrega de libros de texto

A continuación establecemos as datas para facer a entrega de libros de texto do fondo de libros (requisito indispensable para poder ser beneficiarios do fondo no próximo curso escolar); asi como para recoller material escolar ou roupa que quedou na aula.

martes, 19 de mayo de 2020

Fondo solidario de libros de texto

Hoxe sae publicada no DOG a Orde de 12 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020-2021.

No colexio a participación no fondo solidario de libros de texto está dirixida ao alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º cursos de Educación Primaria. En 3º e 5º curso procederase á substitución de libros; e en 4º e 6º cursos manterase o préstamo de libros de anos anteriores.
Nesta mesma orde, convócanse as axudas para adquirir libros de texto: destinada a alumnado de 1º e 2 de Educación Primaria; alumnado con discapacidade igual ou superior ó 65 % ; e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Por último  o alumnado de Educación Primaria pode solicitar o vale para adquirir material escolar.

Documentación necesaria para tramitar a solicitude:   ⇒ anexos da solicitude
-          Solicitude (anexo I)
-          Comprobación dos membros computables da unidade familiar (anexo II)
-       Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

Para ser beneficiario do préstamo de libros é condición indispensable devolver os libros de préstamo deste curso escolar. (No vindeiro mes poñeremos as datas para a devolución dos libros de préstamo de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria).

Presentación da solicitude:
-     - Pode cada familia acceder á aplicación fondolibros onde se fai a solicitude. Unha vez feita a solicitude pode: presentarse por sede electrónica da xunta ou presentala de xeito presencial no centro.
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala no centro educativo.

O prazo para presentar solicitudes abrangue desde o día 20 de maio ata o día 19 de xuño.

viernes, 15 de mayo de 2020

Pago de taxas de comedor

A partir do luns da vindeira semana podedes pasar polo colexio para recoller os impresos de pago de taxas de comedor correspondente ó mes de marzo, en horario de 09:30 a 14:30.
Debemos extremar as precaucións para evitar posibles contaxios, asi que pregamos respetar as medidas de seguridade.

lunes, 11 de mayo de 2020

Adaptación das programacións

Seguindo as instruccións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico d0 2019/2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, debido á situación que estamos a vivir como consecuencia do coronavirus, os centros educativos temos a obriga de publicar as programacións adaptadas de cada nivel e materia.

miércoles, 6 de mayo de 2020

Matrícula para o curso 2020-2021

No DOG do mércores 6 de maio de 2020 publícase a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.
No noso caso, modifícanse os prazos de matrícula para o vindeiro curso 2020-2021:
- Proceso de solicitude de admisión: desde o día 11 ata o 18 de maio.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: día 8 de xuño de 2020. 
Poderanse realizar reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 25 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula ordinaria en educación infantil e educación primaria: do día 1 ao 10 de xullo de 2020.

lunes, 30 de marzo de 2020

Axudas para beneficiarios de bolsas de comedor escolar

Estimadas familias:
Hoxe sae publicado no Diario Oficial de Galicia a Orde do 27 de marzo de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento.

Orde do 27 de marzo de 2020   

Segundo esta Orde, poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias con un ou máis fillos escolarizados en centros públicos xestionados pola Consellería que teñan a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro.

O prezo público de comedor por menú e día é de 4,50 euros, incluíndo os custos de materia prima, consumos e mantemento das instalacións, persoal, …
Determínase que o prezo máximo a satisfacer é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 euros) no caso de gratuidade total e de un euro con cincuenta céntimos (1,50 euros) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 euro) pola prestación do servizo.

Esta orde compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xuta. Inclúen tamén os 15 días de prórroga autorizados polo Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00:00 horas do día 12 de abril. Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma calcúlanse os días lectivos ata o 1 de maio.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/ 
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 https://sede.xunta.gal/chave365

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo no que se escolarizan as súas fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os centros con comedor escolar habilitarán un horario específico que anunciarán ás familias.

O prazo de presentación de solicitudes para atender o pagamento das compensacións comezará ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o 6 de abril, ambos os dous incluídos.

Para que as familias que precisen que o centro colabore na formalización da solicitude, o horario será de 09:00 a 13:30 horas. Realizade a chamada ó número de teléfono 881880456
Debedes aportar a seguinte información:
         a)      DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a).
         b)      Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería.
         c)       Nome e apelidos do titor/a: nome, apelidos e curso dos fillos/fillas.
         d)      Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

Considérase que as respostas correctas a estas preguntas serán suficientes para acreditar que estamos a falar cos auténticos titores do alumnado beneficiario e que non se levanta suspicacias pola petición deste tipo de datos.

 Rubén Pérez Trigo, director

Avaliación

Estimadas familias:
Seguindo as instruccións dictaminadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o 27 de marzo, ó longo desta semana o profesorado procederá a realizar a avaliación correspondente ó segundo trimestre. Para realizar esta avaliación terase en conta o período lectivo comprendido entre os días 8 de xaneiro e o 13 de marzo, data na que se suspenderon as clases. Formalizarase o peche da avaliación antes do 3 de abril.
Para acceder ás calificacións debedes descargar no móbil a aplicación AbalarMóbil e a partir da fin de semana poderedes consultar as notas.

Rubén Pérez Trigo, director

miércoles, 19 de febrero de 2020

XORNADA DE PORTAS ABERTAS CURSO 2020-2021

Ven a coñecer o cole!!
O vindeiro martes, 3 de marzo de 2020 desde as 16 h. ata as 18 h. abrimos as portas do noso colexio para todas as familias que no curso 2020-2021 iniciades unha nova aventura cos vosos fillos e fillas que empezan 2º Ciclo de Educación Infantil (a partir de 3 anos).
Así poderedes coñecer de primeira man a nosa liña pedagóxica, veredes as instalacións do colexio, creadas e adaptadas específicamente para esta etapa educativa, e recibiredes información sobre os servizos e actividades das que se poden disfrutar. Un cole vivo, que medra día a día con vós.

O noso equipo de profesionais de Educación Infantil estará á vosa disposición en todo momento para resolver calquera dúbida ou consulta.

RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN

Reserva de praza:
Do 3 ao 17 de febreiro de 2020: solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º EP.
Ata o 28 de febreiro de 2020: publicación adxudicación definitiva.

Admisión:
Do 2 ao 23 de marzo de 2020: solicitude de admisión por parte das familias para o novo alumnado.
Antes do 25 de abril de 2020: publicación provisional da lista de admitidos e non admitidos.
Antes do 15 de maio de 2020: publicación definitiva da lista de admitidos e non admitidos.