Estimadas familias:
Hoxe sae publicado no Diario Oficial de Galicia a Orde do 27 de
marzo de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias
do alumnado beneficiario de bolsas de
comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola
Consellería de Educación, Universidade Formación Profesional, durante a
situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con
levantamento dos prazos de suspensión do procedemento.
Orde do 27 de marzo de 2020
Segundo esta Orde, poderán ser
beneficiarias destas compensacións as familias con un ou máis fillos
escolarizados en centros públicos xestionados pola Consellería que teñan a condición de gratuíto e do que por
renda familiar resulta pagador dun euro.
O prezo público de comedor por
menú e día é de 4,50 euros, incluíndo os custos de materia prima, consumos e
mantemento das instalacións, persoal, …
Determínase que o prezo máximo a
satisfacer é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 euros) no caso de gratuidade total e de un euro con cincuenta
céntimos (1,50 euros) nos casos de
gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 euro) pola prestación do
servizo.
Esta orde compensará os días
lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados
polo Consello da Xuta. Inclúen tamén os 15 días de prórroga autorizados polo
Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00:00 horas do día 12 de abril.
Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma
calcúlanse os días lectivos ata o 1 de maio.
As solicitudes presentaranse
obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado
disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/
Para a presentación das
solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e
sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o
sistema de usuario e clave Chave 365 https://sede.xunta.gal/chave365
As familias que acrediten
dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán
solicitar que o equipo directivo do centro educativo no que se escolarizan as
súas fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os
centros con comedor escolar habilitarán un horario específico que anunciarán ás
familias.
O prazo de presentación de
solicitudes para atender o pagamento das compensacións comezará ao día seguinte
ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o 6 de abril,
ambos os dous incluídos.
Para que as familias que precisen
que o centro colabore na formalización da solicitude, o horario será de 09:00 a 13:30 horas. Realizade a
chamada ó número de teléfono 881880456
Debedes aportar a seguinte
información:
a) DNI
ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a).
b) Condicións
de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería.
c) Nome
e apelidos do titor/a: nome, apelidos e curso dos fillos/fillas.
d) Número
de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.
Rubén Pérez Trigo, director
No hay comentarios:
Publicar un comentario